0
O Museo de Corme acolle a proxección do documental «Crónicas dun Non, Unha historia da resistencia ao Servizo Militar Obrigatorio», de Fernando Rodríguez Gómez, «Peñaño».
Será o vindeiro sábado, día 5 de setembro, ás 19.00 horas. A peza audiovisual está concibida para un público adulto e é de balde ata completar o aforo do museo.
A obra narra a resistencia ao Servizo Militar Obrigatorio e está inspirada na propia experiencia de Peñaño a finais dos oitenta, cando se opuxo ao servizo militar obrigatorio e foi encarcerado na prisión militar de Caranza, en Ferrol. Trátase dunha reflexión sobre a resistencia pacífica dos opositores ao servizo militar, que foi abolido oficialmente en España a finais do 2001.
