O Concello de Ponteceso celebra este sábado, 2 de maio, a primeira edición da Festa do Maior, unha iniciativa impulsada para promover a convivencia e o recoñecemento ás persoas do municipio que teñan cumpridos 65 anos ou que os cumpran ao longo deste ano 2026. O evento está programado a partir das 12:00 horas no Pavillón de Ponteceso.
A celebración nace coa vontade de render homenaxe ás xeracións que contribuíron de maneira decisiva ao desenvolvemento de Ponteceso, poñendo en valor a súa traxectoria, experiencia e os valores transmitidos ao longo dos anos.
Con esta primeira edición, o Concello reafirma o seu compromiso coa posta en valor das persoas maiores e coa creación de espazos que favorezan o encontro e a convivencia veciñal.