A corporación municipal aprobou por unanimidade a declaración de carácter público dun camiño en Señoráns (parroquia de Salto). Un paso fundamental para garantir os dereitos de paso e a titularidade pública deste espazo para todos os veciños e veciñas.
Tamén saíu adiante a aprobación inicial da modificación integral da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello. Este documento é clave para modernizar a organización municipal e mellorar a eficiencia administrativa. A proposta contou cos votos a favor do goberno e a abstención do PP e BNG.
Ademais houbo outros acordos relevantes:
Respecto ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF): Aprobación inicial da modificación da ordenanza reguladora e do seu prezo público para seguir garantindo a calidade na atención aos nosos maiores.
En canto á Sustentabilidade: Adhesión aos convenios marco de residuos de vidro, envases lixeiros e papel/cartón para reforzar a reciclaxe no concello.