A voceira do Grupo Municipal Socialista na Laracha, Inés Ramos, informou nun comunicado que no ano 2022, desde o PSOE preguntaron formalmente no Pleno por este proxecto, «xusto despois de que Feijóo o anunciase no seu último Consello da Xunta», subliñaba a portavoz socialista. «A resposta do alcalde nese pleno foi que non sabía absolutamente nada», engade. A socialista anuncia «unha contundente ofensiva institucional» sobre esta cuestión, considerando que non só se lle ocultou o proxecto durante catro anos, senón que se lle mentiu deliberadamente á corporación e a todos os veciños e veciñas. O PSdeG local rexistrou unha batería de preguntas esixindo que o goberno local aclare esta «gravísima contradición» e dea acceso inmediato a toda a documentación, correos e entradas de rexistro dende o ano 2022. «Quen mentiu en 2022 non ten ningunha credibilidade en 2026», concluíu.
0