O Grupo Municipal dos Socialistas de Carballo expón que o acceso a unha vivenda digna é un dereito fundamental que, na actualidade, vese ameazado polo incremento de prezos e a falta de oferta estruturada. No caso de Carballo, a existencia de vivendas baleiras, o potencial de rehabilitación do casco urbano e a necesidade de atraer novos residentes esixen unha intervención pública proactiva.
É necesario que o Concello actúe como facilitador e mediador, optimizando os re-cursos existentes (tanto públicos como privados) para garantir que a mocidade, as familias e os colectivos vulnerables poidan desenvolver o seu proxecto de vida no municipio.
Por todo isto, o grupo socialista propón ao Pleno da Corporación Municipal de Carballo a adopción dos seguintes acordos:
- Elaborar un censo municipal actualizado de vivendas baleiras.
- Crear un Programa Municipal de Alugueiro Asequible.
- Establecer convenios onde o Concello asuma garantías como seguros de impago.
- Implementar un Plan de Rehabilitación de Edificios Antigos no Centro.
- Convocar subvencións municipais para a mellora do illamento e a instalación de enerxías renovables.
- Identificar parcelas municipais para promover vivenda protexida.
- Incluír no plan a posibilidade de adquirir urbanizacións abandonadas para a súa recuperación e posta en uso.
- Habilitar un punto de información para a tramitación de axudas.
- Xestionar especificamente a recuperación de vivendas en desuso derivadas de herdanzas complexas.
- Establecer bonificacións para familias que se empadroen en Carballo e promover o municipio como destino ideal para o teletraballo.