Os socialistas anuncian a súa intención de denunciar ao Goberno local ante a Valedora do Pobo no que consideran un acto
de vulneración dos dereitos de parte da veciñanza ao excluir o documento das bases de licitación do novo plan de limpeza para a seguinte anualidade a todas as aldeas do concello de Muxía. Os socialistas muxiáns consideran ditas bases completamente discriminatorias en detrimento do rural, donde o goberno desprecia ao 75% da poboación ao eliminar do plan de limpeza todos os núcleos rurais.
Este procedemento que está en marcha é, para os socialistas, o resultado do pacto entre PP, BNG e Independentes cando decidiron votar a favor duns presupostos 2026 que contemplaban máis gasto en festas que en mantemento, limpezas e inversións xuntos. Calculan os socialistas coas previsións anunciadas polo goberno que “por cada euro que se prevé en limpezas, hai un gasto de seis euros en festas”.
“É indecente que este goberno deixe a todas as aldeas de Muxía sen plan de limpeza durante unha anualidade mentres se triplica o gasto en festas e lupandas”, sentencian os socialitas.
Os socialistas muxiáns teñen claro que este documento sae adiante gracias ao chamativo silencio cómplice do BNG de Muxía e da súa portavoz Mercedes Barrientos Varela. Entenden dende as filas socialistas que a venta de vontades que se produciu na
moción de censura é latente no día a día dos nacionalistas, pero consideran os socialistas que “podían disimular máis por respeto aos veciños e veciñas afectados polas decisións do goberno de Javier Sar e Sandra Vilela”. “Se fan desaparecer as aldeas do plan de limpeza é porque o BNG tamén o quere así, axudando a tal fin co seu voto sempre favorable ao goberno dos ´tres que non fan un´ “ lamentan dende o PSOE local.