Os Bombeiros de Carballo liberaron a un condutor atrapado nun coche envorcado

1 minutes read

Unha vez liberado, foi atendido polo equipo médico, xa que presentaba dor no pescozo e un forte golpe na cabeza.

O 112 Galicia rexistrou o accidente na recta de Berdillo, en Carballo, apenas uns minutos antes das dez da mañá deste xoves.

Quen avisou mediante a súa chamada de alerta explicou que o único ocupante estaba atrapado nun turismo envorcado. Con esta información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Carballo e dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Así, tras liberar o condutor e recibir os primeiros coidados, foi evacuado pola ambulancia ao centro hospitalario de referencia. Queixábase do dor no pescozo e golpeouse fortemente a cabeza.

Ademais de bombeiros e sanitarios, acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico.