O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, recibiu este mércores á Conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, e ao director Instituto de Estudos do Territorio da Xunta, Enrique Salvador, na aldea do Couto.
O alcalde agradeceu á conselleira o seu gran interese e axuda para mellorar o patrimonio ambiental de Ponteceso. «Nestes tres anos de goberno a conselleira levou a cabo un gran traballo para mellorar e coidar do noso patrimonio ambiental, estamos moi agradecidos», apuntou o primeiro edil.
Hoxe o alcalde acompañou á conselleira á aldea do Couto para analizar de primeira man os resultados proxecto piloto Couto Florido, unha iniciativa participativa de colaboración público-privada que terá continuidade en 2026 coa execución de novas actuacións en materia de paisaxe, flora autóctona e dinamización social.
De feito, percorreron O Couto para comprobar a segunda fase do proxecto, que incidiu na eliminación dos impactos paisaxísticos que causan sobre a contorna natural determinados defectos estéticos ou o propio desgaste derivado do paso do tempo nos inmobles e en diferentes tipos de espazos e equipamentos públicos.
Ángeles Vázquez e Mato coincidiron en destacar que este proxecto participativo pode servir para amosar ao resto de Galicia que revivir as zonas do rural é posible.
Ao mesmo tempo o alcalde aproveito a visita para abordar coa conselleira outros proxectos de interese para o munipicio,
