Esta ruta trata dunha andaina curta en distancia, de 6 quilómetros aproximadamente, pero bastante densa polo seu contido xa que ten a oportunidade de visitar as pedras máis representativas dos Penedos, combinando deporte, natureza, patrimonio e solidariedade.
A saída soe ter lugar na escola de Pasarela e a primeira parada soe facerse na zona da Cachucha (canteira), onde se pode visitar o Cantor, a Multiforme, o Coello e o Paiaso Triste,… Despois cara a zona da Forcada pódese contemplar a Señora ou
Esfinxe, o Oso, a Tartaruga e o Can,… A continuación o Bico e a Torre da Moa, onde se pode contemplar unha fermosa vista do Espazo Natural de Traba. Finalmente descendendo a Traba.
Dende o Concello de Vimianzo quisxeron felicitar á ANPA por esta fermosa iniciativa, destinada a colaborar na adquisición dun desfibrilador para o CEIP San Vicenzo.
A actividade contou coa participación da alcaldesa , concelleiros de Benestar, Deportes, Ornato e Turismo que quixeron acompañar ás familias nesta xornada deportiva e solidaria.
