17
Os cursos de alfabetización e memoria, organizados polo Concello no marco dos programas de envellecemento activo e de prevención da soidade non desexada, rematarán o 30 de maio despois de sete meses desde o inicio a finais de outubro.
Como actividade de clausura dos cursos, o Concello convidou este venres aos preto de cen alumnos das sete quendas que se realizan na Laracha (4 grupos), Paiosaco, Caión e Montemaior a participar nunha excursión á Coruña á que asistiron 60 persoas. Entre os lugares que visitarán están o museo da Domus, o Aquarium Finisterrae e o entorno da Torre de Hércules.
Á fronte da expedición están a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, e a monitora do curso, Mari Carmen Serrano.