O suceso de Muxía ocorreu no lugar dos Castelos, en Moraime. Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia dez minutos antes da medianoite, e explicou que un coche se saíra da vía e envorcara contra un piñeiro. No interior había unha persoa ferida. No operativo participaron os servizos sanitarios, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Cee e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Muxía. O ferido foi finalmente evacuado en ambulancia ao hospital.
Ferida grave outra persoa que envorcou co seu coche en Barreiros
Ocorreu minutos despois das 8:30 horas deste venres. Varios particulares alertaron ao 112 Galicia deste accidente rexistrado no quilómetro 572 da N-634, en Celeiro de Mariñaos (Barreiros). O único coche implicado acabou envorcado. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros e Protección Civil de Barreiros, así coma os operarios de conservación da estrada. Os bombeiros confirmaron que tiveron que excarcerar unha persoa, que foi trasladada polo persoal sanitario ao Hospital da Costa en estado grave.