Na súa precampaña, os nacionalistas recalaron este venres en Vigo para presentar a súa candidatura ás eleccións do 5 de abril por Pontevedra. Luis Bará é o cabeza de lista pola provincia.
Ana Pontón anunciou que o BNG ten un programa ambicioso para Vigo, que, segundo dixo, nos últimos anos perdeu protagonismo en Galicia. A candidata enumerou entre outras medidas un plan para evitar a deslocalización das empresas, impulsar a área metropolitana e apoiar o comercio local. Pontón pediulles aos galegos que voten o cambio liderado por unha muller.
Unha idea na que insistiu Bará convencido de que a cidade olívica vai xogar un papel determinante na derrota do PP. “Queremos abrir un tempo novo de esperanza co protagonismo e o liderado de Vigo, unha cidade que debe ser a grande metrópole atlántica, unha grande polo industrial cultural e tecnolóxico para impulsar Galiza cara o futuro”.