A Casa do Concello de Zas acolleu a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados do calendario local vinculado ao sector da automoción.
O acto contou coa par:cipación do alcalde de Zas, Manuel Muíño, que estivo acompañado por representantes dos tres talleres participantes nesta edición – Talleres Manuel Montes, Talleres J. Lema e Automóviles Celmar -, poñendo de manifesto a colaboración entre o tecido empresarial e a administración local para o impulso desta iniciativa.
Durante a súa intervención, o rexedor destacou a importancia de Feirauto como motor dinamizador da economía local e como punto de encontro para profesionais e veciñanza. Muíño subliñou ademais a traxectoria do evento, que acada xa a súa quincuaxésimo sé:ma edición, consolidándose como unha cita de referencia na comarca.
Pola súa banda, os representantes dos talleres participantes coincidiron en sinalar o valor da feira como escaparate para dar a coñecer os seus servizos, así como para achegar ao público as últimas novidades do sector da automoción. Unha das novidades deste ano será a presenza de vehículos seminovos 100% eléctricos, ademáis de coches industriais, utilitarios, SUV,… Ademáis todos os coches que se vendan durante a feira levarán un cheque de 200€ para combustible.
A 57ª edición de Feirauto celebrarase os días 12, 13 e 14 de xuño na Praza Jorge Mira Pérez de Baio onde haberá unha exposición de máis de 100 vehículos de ocasión e seminovos listos para a súa entrega. A organización prevé que Feirauto volva reunir un numeroso público, reafirmando o seu papel como evento clave na axenda da comarca.
Promo do evento_novahit.