Este venres tivo lugar na rúa Coruña de Carballo a presentación do programa das festas do San Xoán 2026. Serán sete días de festa no que haberá actividades e actuacións musicais para todos os públicos e gustos. A comisión está formada por quince persoas e segue presidida por Sergio Varela. Esperando que o tempo acompañe tanto a Praza do Concello como a zona do Rego da Balsa serán o epicentro de todas as actuacións musicais. Este ano haberá novidades como o Balsiña Fest e xa postos o alcalde, Daniel Pérez. O pregón será o luns 22 a cargo da carballesa Verónica Bolón, enxeñeira informática, investigadora e profesora da UDC.
A gran novidade visual desta edición reside no propio deseño do cartel, cuxa autoría asina a artista carballesa Isa Bermúdez. O Concello decidiu dar un xiro á fórmula habitual e, no canto de realizar un concurso, apostará ano tras ano de xeito directo por creadores locais.
A concelleira de Cultura, Maruxa Suárez, afondou no enorme esforzo que hai detrás dos bastidores. Puxo en valor o labor dunha comisión integrada por 15 persoas «que vén traballando dende hai máis dun ano» e tivo unha lembranza especial para Mari Pacoret, que formou parte da Asociación Cultural San Xoán durante anos e que finou recentemente.
Pola súa banda, o presidente da comisión, Sergio Varela, foi o encargado de debullar os contidos e avanzou, con humor, dous dos grandes epicentros nocturnos: a Praza do Concello e o Rego da Balsa. «Coidamos á xente, queremos que ande», chanceou Varela. Tamén explicou que a tradicional sardiñada e cachela do vindeiro martes 23 sumará tamén racións de churrasco, e expresou o seu desexo de que, en calquera dos escenarios do San Xoán, «todo o mundo atope un punto para divertirse».
O alcalde, Daniel Pérez, que afronta o seu primeiro San Xoán á fronte da alcaldía, sumouse ás verbas de recoñecemento cara á pregonera deste ano, Verónica Bolón Canedo, definíndoa coma unha «carballesa cuxa traxectoria e arraigo xustifican plenamente esta decisión». Pérez pechou o acto con optimismo ante os días que veñen: «Uns poucos traballan moito para que todos poidamos desfrutar”.
Programa:

