0
Ata o 6 de setembro a praia carballesa estará a ser escenario do mellor salvamento e socorrismo estatal, coa participación de máis de 600 deportistas nas categorías xuvenil, júnior e absoluta.
Durante toda a semana, equipos chegados de distintos puntos de España compiten en Razo nunha cita que combina espectáculo, técnica, esforzo e un ambiente deportivo excepcional.
Entre eles están tamén os deportistas do SYSCA de Carballo e do SAL da Laracha, representantes da forte tradición que esta modalidade ten nesta comarca.
