A alcaldesa, Mónica Rodríguez, e Marta Castro, en representación da Asociación de Festas de Vimianzo, asinaron un convenio de colaboración mediante o que o Concello achega 15.000 euros para contribuír á organización das Festas Patronais.
Esta colaboración permitirá seguir impulsando unha programación de calidade, con propostas musicais, culturais e de lecer para todos os públicos, consolidando unha celebración que cada ano reúne á veciñanza e a centos de visitantes.
Do 7 ao 10 de agosto, Vimianzo vivirá catro días de música, tradición e diversión.
Promo do evento.
O repenicar dos palillos volveu soar no Castelo de Vimianzo
Este sábado da man da Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas, viviuse unha nova xornada de Artesanía Viva, descubrindo un dos oficios máis representativos da tradición vimiancesa.
É de agradecer que ás Nemanquiñas manteñan viva esta artesanía tan significativa para Vimianzo e por transmitila con dedicación e agarimo ás novas xeracións, garantindo que este valioso legado siga formando parte da súa identidade.
