19
- A alcaldesa, Mónica Rodríguez, e o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, supervisaron este martes o novo comezo da actividade no lugar.
A obra, con fondos provinciais, pretende mellorar as comunicacións no rural vimiancés, e estímase que continúen aínda que estea decretado o estado de alarma desde o pasado 14 de marzo.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo remarcar “que temos que continuar coas obras que estaban paralizadas debido á crise sanitaria. Retomaremos progresivamente a actividade e estes traballos forman parte dunha das melloras de comunicación nas que levamos traballando desde que entramos no goberno”, destacou a rexedora.