Ás 05.31:00 horas deste martes 23 de xuño, segundo os datos recolleitos polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN), esta zona da provincia da Coruña tremeu. O epicentro situouse a escasos 7 quilómetros de Carballo e rexistrouse a varios quilómetros de profundidade. Tratouse dun tremor de intensidade baixa, polo que en principio todo indica a que non se produciron danos persoais nin materiais no seu radio de influencia. Uns vinte minutos máis tarde chegaba unha réplica, pero cun epicentro un pouco máis ao sur, a poucos metros do lugar de Ferrol, na parroquia carballesa de Rus. Esta xa foi de menor intensidade, 2.3, pero o epicentro tivo lugar na superficie. Segundo o relato dos veciños da zona a apreciación foi diferente que noutros casos. Os anteriores percibíanse a modo dun silbido que ía desaparecendo de maior a menor, pero este foi como unha explosión forte e acto seguido temblaron boa parte dos edificios e das vivendas.
0