0
O escritor Xosé Henrique Rivadulla Corcón presentará este xoves 28 de maio en Muxía o seu novo libro de relatos, “Onde o vento me leve”. A organización do acto, que terá lugar na Biblioteca Municipal Santiago Rey ás 20:00 horas, correrá a cargo da asociación muxiá Xervasio Paz Lestón e Edicións Espiral Maior.
Rivadulla Corcón estará acompañado do director de Espiral Maior, Miguel Anxo Fernán Vello; e o poeta e escritor Miguel Mato Fondo. Ambos arrouparán ao autor e avanzarán unhas pinceladas da súa nova obra literaria.
O acto será presentado pola profesora e concelleira do BNG de Muxía, Mercé Barrientos. Ao remate servirase un viño galego aos asistentes.