Sánchez acada 166 votos a favor, 165 en contra e 18 abstencións


Pedro Sánchez terá que esperar ao martes ao mediodía para acadar unha maioría de apoio ao que será o Goberno máis progresista da historia de España.

Como estaba previsto, Pedro Sánchez non acadou na primeira votación a maioría absoluta necesaria para ser elixido Presidente. Na segunda votación, que se celebrará este martes, só necesitará unha maioría simple, como a acadada (166 votos a favor, 165 en contra e 18 abstencións). É dicir, se todos os deputados e deputadas manteñen a posición expresada este domingo, Sánchez será de novo Presidente do Goberno, á fronte do primeiro executivo de coalición dende a Segunda República.