A extenista Serena Williams, galardoada co Premio Princesa de Asturias dos Deportes 2025, defendeu a loita que mantivo para lograr eliminar a brecha salarial entre mulleres e homes no tenis. Explicou que a loita polos dereitos das mulleres e contra a brecha salarial é algo que «sempre» lle importou moito, así como o legado que pode deixar para as xeracións futuras, tendo en conta que «a carreira do tenista é moi curta». Para ela é «moi importante a igualdade salarial» porque cando empezou esforzábase «tanto como calquera outro home e non por iso tiña que cobrar menos». As seis veces campioa do Aberto de Estados Unidos e sete do torneo de Wimbledon, referiuse tamén reivindicou este xoves en Oviedo o esforzo persoal no deporte, e animou aos mozos que queiran dedicarse ao tenis a que se esfuercen, aínda que non teñan suficientes recursos económicos.
10