Un Opel gris e unha pick-up cun guindastre dunha empresa eléctrica impactaron frontolateralmente e remataron subidos á beirarrúa dereita na curva de Montecelo en Coristanco sentido Fisterra. Un tractor que circulaba pola vía tamén se viu afectado aínda que en menor medida. O accidente producíase pasadas as tres da tarde deste martes no quilómetro 34,5 da AC-552. As tres persoas afectadas, entre as que se encontraba unha menor, criticaron a tardanza dos medios técnicos da Garda Civil e dos sanitarios. A Policía Local de Carballo foi a que acudíu ao sinistro en primeira instancia, a pesares de non estar dentro da súa demarcación. Os tres feridos foron evacuados con posterioridade en ambulancia, aínda que, en principio, o seu estado de saúde non revestía gravidade. Ao lugar tamén acudiron Protección Civil de Coristanco a Garda Civil de Tráfico, o 061 e o GES de Ponteceso.
Percance cun camión na autovía, preto de Punta del Este
Un camión articulado dunha empresa de Coristanco tamén sufría un percance na circunvalación da AG-55, preto de entrada de Punda del Este sentido A Coruña. Un carril tivo que ser cortado sobre as tres da tarde e a Garda Civil de Trafico foi a encargada de sinalizar a maniobra do camión así como a regulación do tráfico rodado.
