Tres deles foron trasladados en ambulancia ao Hospital de Cee.
Dez minutos despois das 15:30 horas deste mércores, un particular implicado explicou ao 112 Galicia que acababa de sufrir un accidente que implicou a catro coches no quilómetro 68 da AC-552, á altura de Cambeda (Vimianzo). Aínda que todas as persoas estaban liberadas e accesibles, varias delas precisaban asistencia sanitaria.
De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Cee, a Policía Local de Vimianzo e os servizos de mantemento da estrada.
Unha vez no punto os medios confirmaron que non había persoas atrapadas e que os cinco feridos non revestían gravidade. Pola súa banda, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou a evacuación de tres deles en ambulancia.