Un atropelo múltiple nun festival de Vancouver deixou once persoas falecidas

1 minutes read

As forzas de seguridade canadenses elevaron a once o número de vítimas mortais causadas por un home que atropelou decenas de persoas na cidade de Vancouver, ao oeste do Canadá.

Foi á última hora do sábado nunha rúa onde se celebraba un festival da comunidade filipina, coñecido como Lapu Lapu. O condutor, un veciño da cidade de 30 anos, foi arrestado no lugar.

O xefe provisional daPolicía de Vancouver, Steve Rai, asegurou nunha conferencia de prensa que a cifra de falecementos podería aumentar nas vindeiras horas porque o ataque deixou decenas de persoas feridas, moitas delas de gravidade.