Un coche quedou parcialmente calcinado como consecuencia dun incendio fortuíto na Lagoa, en Vimianzo

0 minutes read

No turismo viaxaba unha única ocupante, asúa condutora de mediana idade que resultou ilesa. A alerta activouse pasadas as doce do mediodía deste luns no punto quilométrico 64 da estrada AC-552 que une A Coruña con Fisterra, á altura dunha gasolineira abandonada na marxe dereita sentido Vimianzo. Ao punto, para atender a emerxencia, acudían os bombeiros do parque comarcal de Cee, axentes da Policía Local de Vimianzo e da Garda Civil de Tráfico de Corcubión.