0
O accidente, unha colisión frontal, ocorreu arredor das 17:00 horas deste luns. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, un coche e unha moto bateran de maneira frontal no quilómetro 4 da DP-4307. O motorista ferido, natural de Seaia e de 17 anos de idade, quedaba tendido no chan.
Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron do suceso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Ponteceso, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.
Ata o punto mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago das urxencias sanitarias, a bordo do cal sería evacuado o ferido ata o hospital de referencia.