Unha colisión entre dous coches deixou un condutor falecido en Negreira

1 minutes read

O outro condutor resultou ferido e foi evacuado ao hospital. Trátase das dúas únicas persoas implicadas. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente minutos despois das 20 horas deste martes, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061: dous coches acababan de colidir no quilómetro 11 da AC-544, na parroquia de Covas (Negreira). Unha persoa permanecía inconsciente no interior dun dos vehículos. De inmediato, ata o lugar desprazáronse os profesionais sanitarios, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Santa Comba e os efectivos do GES de Brión, así como os operarios de conservación da vía. Os servizos de emerxencias só puideron confirmar o falecemento dun dos implicados, mentres que o outro foi trasladado polos profesionais sanitarios.

Tres menores e un adulto trasladados tras unha colisión este mércores entre dous vehículos en Trasmirás

O accidente produciuse na OU-1107, á altura de Vilar de Lebres, e estiveron implicados un taxi e outro turismo que circulaba en sentido contrario. O 112 Galicia recibiu o aviso ás 09:00 horas a través do sistema eCall dun dos vehículos implicados. Segundo a información facilitada, o accidente tivo lugar no quilómetro 11 da estrada OU-1107, ao seu paso pola parroquia de Vilar de Lebres, no concello ourensán de Trasmirás. De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Xinzo e á Garda Civil de Tráfico. Como consecuencia do accidente, os tres menores e o adulto que viaxaban nun dos vehículos foron trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.