0
Foi unha colisión por alcance. O accidente produciuse un cuarto de hora antes das 11:00 da mañá deste xoves, no quilómetro 2 da DP-2301. Segundo o alertador que informou ao 112 Galicia, unha persoa resultara ferida logo de que dous coches colidisen na parroquia da Pereiriña.
Rapidamente, os xestores do 112 Galicia informaron do accidente ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Cee e á Garda Civil de Tráfico.
Logo de chegar ata o lugar do suceso, os bombeiros indicaron que era preciso empregar o material de excarceración para liberar a un dos implicados, o cal acabou sendo trasladado polo persoal sanitario.
