O 112 Galicia recibiu o aviso por mor deste suceso uns dez minutos despois das 13:00 horas deste sábado. O alertador solicitaba asistencia para unha persoa que podía estar a sufrir un golpe de calor e estaba nunha zona de difícil acceso.
Rapidamente, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Cee, do GES de Muros e da Garda Civil, que levaron a cabo un operativo para chegar ata o lugar onde se atopaba a vítima, nun sendeiro estreito e de difícil acceso para os servizos de emerxencias.
Desta maneira, foi preciso que acudise o helicóptero Pesca I do Servizo de Gardacostas de Galicia, que efectuou o rescate da persoa. Porén, nada se puido facer por evitar o seu falecemento.
