Non houbo máis feridos.
O accidente aconteceu arredor das 14:30 horas, no quilómetro 107 da AP-9 en sentido Vigo. Segundo os datos recollidos polo 112 Galicia, un camión e un turismo colidiran, de maneira que o coche quedou envorcado mentres que o outro vehículo quedou nunha posición de tesoira. Os alertadores xa informaban que podía haber algunha persoa atrapada.
Decontado, os xestores do 112 Galicia compartiron a información co Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cos Bombeiros de Boiro, coa Garda Civil de Tráfico e coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cuntis.
Unha vez no punto, os servizos de emerxencias confirmaron que a persoa do turismo estaba falecida, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida. Ademais, indicaron que había moitos restos na vía tralo accidente, polo que foi preciso pechar a circulación no punto quilométrico 107 da AP-9 en sentido Vigo. Segundo informou máis tarde a Garda Civil de Tráfico, a vía quedaba aberta ao tráfico en ambos sentidos.
0
