0
Desde o IES Maximino Romero de Lema de Baio, centro organizador este ano da iniciativa educativa e cultural Falemos + Galego informan da gala final do proxecto, que terá lugar o vindeiro 18 de xuño na Praza Jorge Mira, co obxectivo de promover o uso do galego entre a xente nova da Costa da Morte .
A gala reunirá arredor de 1.000 rapaces e rapazas procedentes de 14 centros educativos da Costa da Morte, nun evento pechado dirixido exclusivamente ao alumnado participante.
Durante a xornada desenvolverase unha programación centrada na promoción e defensa da lingua galega, con:
- Entrega de premios aos mellores logos e vídeos en defensa do galego.
- Actuacións do alumnado dos centros educativos, con grupos de gaitas, pandeireteiras e regueifas.
- Presentación da gala a cargo de Fran Hermida.
- Peche musical coa actuación de 9Louro, un dos referentes actuais da música galega e fenómeno de gran impacto entre a mocidade.