0
Veciños e veciñas participantes no programa Actívate Maiores do Concello de Vimianzo desfrutaron este luns dunha excursión á Illa de San Simón.
Unha xornada de convivencia, lecer e descubrimento do patrimonio histórico e cultural, na que o grupo estivo acompañado pola alcaldesa, Mónica Rodríguez, a concelleira de Benestar, María José Pose,a educadora social Antía e a técnica de Patrimonio, Mariví Amigo.
A visita desenvolveuse nun ambiente moi agradable, favorecendo o encontro, a participación e a convivencia entre as persoas asistentes.
«Un día para compartir experiencias, coñecer a nosa historia e fortalecer os lazos entre veciños e veciñas», concluían desde o Concello.