A asociación Vieiro levou a cabo en centros de educación secundaria un programa de intervención preventiva dirixido ao alumnado de 3º e 4º de ESO baixo o título “Non pasa nada, pasa algo?”. Trátase dunha iniciativa educativa centrada na prevención de condutas adictivas e na promoción de hábitos de vida saudables entre os mozos.
O obxectivo desta intervención foi ofrecer ao alumnado unha formación preventiva rigorosa e adaptada á súa realidade, mediante información clara e realista sobre as substancias psicoactivas e sobre os efectos e consecuencias do seu consumo nos ámbitos físico, psíquico, social e legal. A iniciativa buscou incrementar a percepción do risco asociada ao uso de substancias e promover decisións informadas e saudables entre a mocidade.
A intervención estruturouse en sesións semanais de aproximadamente 55 minutos, nas que se empregou unha metodoloxía dinámica deseñada para fomentar a participación activa, a reflexión e o diálogo no grupo.
A través do título “Non pasa nada, pasa algo?”, que xoga coa expresión habitual “non pasa nada por probar”, convidouse a reflexionar ao alumnado sobre as posibles consecuencias do consumo de substancias ou de determinadas condutas adictivas.
A asociación Vieiro expresou o seu agradecemento aos equipos directivos e ao profesorado dos centros educativos que participaron neste programa, por todas as facilidades ofrecidas para levar a cabo esta actividade preventiva.