Vimianzo arrecende a Nadal

0 minutes read

Vimianzo puxo en marcha na tarde noite deste sábado a maquinaria da ilusión, a convivencia e a alegría na Costa da Morte co acendido da maxia do Nadal. «Un dos días máis bonitos do ano», así cualificaba o momento a alcaldesa da vila, Mónica Rodríguez. Marta Alonso Tejada e Pablo Reboleiro contribuíron a dinamizar o acto coa súa proposta artística, tamén a Discoteca de Señoras… e Señores. Houbo bos desexos entre o multitudinario público asistente e unha gran chocolatada con churros.