Vimianzo será escenario de tres citas moi especiais este verán

1 minutes read

Un ano máis, o Festival Atlántica converte Vimianzo nun espazo para a palabra viva, a memoria e a cultura compartida. A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, participou na presentación do Festival Atlántica de Narración Oral 2026, que achegará máis de 75 funcións a 33 concellos e 50 artistas. Contadores e contadoras de historias chegados de Portugal, Colombia, Huelva, Zamora, Navarra e unha amplísima mostra de talento galego e novas voces que están a xurdir. Estas son as citas especiais que non te podes perder na terra de Soneira:

  • 26 de xuño ás 20.30 h. – Castelo de Vimianzo. «Donas do lugar» con María da Pontragha.
  • 1 de xullo ás 11.00 h – Castelo de Vimianzo. «Contos arredor do lume» con Alba de Vales.
  • 5 de xullo – Castro das Barreiras. «Filandar» José Luis Gutiérrez «Don Guti» (Zamora).