Volve a gran festa pre fin de ano de Oroso, ‘O Pepotazo’ será o próximo 26 de decembro en Sigüeiro

1 minutes read
Imaxe da última edición do Pepotazo, celebrada o 27 de decembro de 2025.

O sábado 26 de decembro chegará unha nova edición do Pepotazo, unha cita que xa se está convertendo nunha tradición do Nadal en Sigüeiro, no Concello de Oroso.

Sintonía de ‘O Pepotazo’ elaborada por un dos artistas incondicionais da festa, Dj Son1c.

Tratarase dunha gran festa de pre fin de ano que contará con carpa climatizada, decoración especial e food-trucks, ademais de aseos exteriores con servizo de limpeza e multitude de actuacións para gozar dunha noite chea de música, diversión e moitas sorpresas.

A pesar de que aínda queda máis de mes e medio para que termine o ano, a Comisión de Festas de Barciela-Sigüeiro deu a coñecer todos os detalles dunha cita xa consolidada no calendario festivo galego e que, este ano, alcanza a súa cuarta edición tras a boa acollida de anos anteriores.

Dende o Concello de Oroso agradecen o traballo da organización para sacar adiante unha nova edición desta festa, que contribúe a dinamizar Sigüeiro durante o Nadal.

Momento da presentación da edición deste 2026.

Entre os nomes destacados que figuran no afiche están a Orquestra Origen, o Grupo All Star (Nestor Peña, Diego Moreira e Oliver Pérez) e a cantante Leticia Sabater. A proposta complétase coas sesións dos DJs Michenlo, Kike Varela, DJ Son1c, Groove Amigos e Olalla González.

A festa contará tamén cunha zona chill out ambientada por DJ Tony Salvaje e DJ Javi Eiroa que, segundo puntualiza a organización, está pensada para ofrecer un espazo alternativo dentro do recinto.

A organización anunciou que o aforo será limitado, aínda que será superior ao de edicións anteriores. Por este motivo, recomendan adquirir as entradas con antelación para asegurar o acceso.