VOX rende homenaxe en Malpica a José Antonio Pardines Arcay, primeira vítima mortal de ETA

1 minutes read

Un ano máis, VOX A Coruña rendeu homenaxe a José Antonio Pardines Arcay, o garda civil nacido nesta localidade e primeira vítima mortal da banda terrorista ETA, asasinado o 7 de xuño de 1968.

Celebrouse unha ofrenda floral fronte ao monólito erixido na súa memoria, situado na praza Anselmo Villar Amigo, xunto ao Concello de Malpica.

Desde VOX subliñaron a importancia de manter viva a memoria de Pardines, xa que, a pesar de ser natural de Malpica, moito galegos aínda descoñecen a súa historia e o brutal asasinato que sufriu con só 25 anos.

A formación reafirmou que «nunca deixará de esixir xustiza, memoria e liberdade», e que a mellor homenaxe a todas as vítimas do terrorismo é «destruír o proxecto político que xustificou os seus asasinatos».