Xesús Deus Gende, escritor, político e colaborador na revista cultural Nós a xente do redor, saca ao mercado o seu terceiro libro que leva por título “Historias do Tío Laranxo”.
O carballés segue apostando pola mesma editorial que publicou o seu segundo traballo “ O espertar dos monicreques “. Andrómeda Senlleira que dirixe o poeta Avelino Jácome converteuse na preferida do autor, nela atopa proximidade, traballo ben feito e sobre todo moita colaboración no desenvolvemento da obra.
“Cando era cativeiro, na casa dous meus pais, escoitei que había unha antiga cantiga que facía mención a un tal tío laranxo , de aí que non deixa de ser unha especie de homenaxe non só á tradición popular senón a ese autor ou autora que non seu día lle dou vida».
Esta obra vai dirixida a todos os públicos, cativeiros e maiores, son contos e relatos que agochan entre as suas liñas mensaxes doadas de identificar, sempre dende o respecto e a educación, verbas que tentan chegar ao lector ou lectora de maneira sinxela. O obxetivo ademáis de entreter e transmitir a complexidade do mundo en que vivimos.
Agardo que este novo traballo sexa do agrado de todos e todas aqueles que teñan a ben mergullarse entre as follas desta nova creación. Dicir tamén que xá ando ás voltas co que agardo sexa ou cuarto, como dicían os maiores se Deus quere e chegamos alá coido que para o ano que ven estará rematado, ata o dagora xá van tres, 2024 “Catro relatos curtos de Deus“, 2025 “O espertar dous monicreques” 2026 ”Historias do tío laranxo” 2027, conclúe o autor.