Xornada espectacular de cartas no III Torneo de Tute celebrado na parroquia carballesa de Lema

1 minutes read

O Centro Social de Lema acolleu o III Torneo de Tute, organizado pola Asociación Cultural Ría de Lema. Unha xornada espectacular de cartas, estratexia e moi bo ambiente, donde se reuniron grandes xogadores que ofreceron o mellor da súa experiencia neste xogo en cada partida. Ao remate houbo petiscos e risas a rodar, demostrando que o Tute é moito máis que un xogo: é unha forma de facer parroquia.

Resultados do Torneo

1º Premio: Francisco Verdes e Antonio España

2º Premio: Luis e Manolo

3º Premio: Pepe García e Manuel Pérez

4º Premio: J. Manuel Nieves e Moncho Loureiro

Repesca

1ª repesca: Raúl e Suso

2ª repesca: Moncho Rama e J. Antonio Vilariño