Zelenski acusa na ONU aos militares rusos por crimes de guerra


O presidente ucraíno Volodímir Zelenski declarou este martes ante o Consello de Seguridade da ONU que os militares rusos deben ser xulgados inmediatamente por crimes de guerra, acusando as tropas do Kremlin das peores atrocidades desde a Segunda Guerra Mundial. A petición do líder ucraíno fíxose xunto cun vídeo que mostraba as horribles probas dos masacres de civís levadas a cabo polas forzas rusas, entre elas as da cidade de  Bucha, que conmocionaron ao mundo enteiro e dado lugar á esixencia de sancións máis duras para Rusia.