A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático visitou o camión de biorresiduos adquirido polo Concello de Tordoia

1 minutes read

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, coñeceu o funcionamento do camión específico para a recollida de biorresiduos que a administración local adquiriu co apoio dunha destas axudas correspondente á convocatoria de 2025. Este vehículo permite prestar un servizo máis eficiente, moderno e sostible, adaptado ás necesidades concretas do municipio. Ademais, Ángeles Vázquez fixo fincapé en que ao ser 100% eléctrico “contribúe tamén á redución de emisións” e á implantación de solucións de mobilidade sostible nos servizos públicos. Tamén detallou que este ano 213 das 416 solicitudes recibidas ás axudas a entidades locais para o financiamento de actuacións dirixidas a incrementar a ecoeficiencia na xestión dos residuos municipais corresponden ás liñas específicas destinadas ao tratamento dos biorresiduos. Este dato exemplifica “o compromiso dos concellos cunha xestión eficiente e sostible dos biorresiduos a través dunha recollida máis eficaz e un correcto tratamento”, dixo Ángeles Vázquez.