A Deputación da Coruña presenta a campaña ‘Liberdade de ser e de sentir’ polo 28X, Día da diversidade sexual

1 minutes read

A Deputación da Coruña conmemora o Día da Diversidade Sexual, impulsando a campaña de sensibilización ‘Liberdade de ser e de sentir’. Así o presentou esta mañá a deputada de igualdade, Soledad Agra, acompañada de Ana García, de Alas A Coruña; Victoria Fernández da compañía, Pérez & Fernández e Emi Candal, de Urdime.

Implicación de concellos e entidades
Trátase dunha nova edición desta campaña que apela á complicidade dos 93 concellos da provincia e convida a adherise á iniciativa a aquelas entidades do tecido asociativo que estean interesada en participar, asumindo 3 compromisos moi sinxelos: Iluminar, se é posible, un espazo público coas cores da bandeira LGTBQI+; expoñer publicamente a bandeira LGTBQI+ e difundir a campaña nas redes empregando o cancelo #seresentir. «Desde a Deputación queremos que os recursos, a información e a visibilización do colectivo cheguen a todos os concellos da provincia, independentemente do seu tamaño e orzamento», sinalou a deputada.