A Fachada Marítima de Porto do Son acolle unha nova edición da Feira de Artesanía e Gastronomía

0 minutes read

Así, do 11 de xullo ao 17 de agosto, o paseo marítimo encherase de cor, tradición e creatividade onde as persoas artesás de Galicia, e doutras rexións, ofrecerán pezas únicas feitas a man. Os asistentes poderán visistar os postos instalados que disporán de distintos produtos e temáticas, tales como cerámica, coiro, xoiería, téxtil, produtos naturais ou deliciosa gastronomía, entre outros.