A Policía Local de Arteixo detivo a catro persoas por presuntos delitos de violencia de xénero e falsificación documental

1 minutes read

No ámbito da violencia machista os axentes detiveron en Meicende a un varón de 36 anos, quen tamén tiña en vigor unha orde xudicial de busca e detención. A vítima tivo que ser trasladada en ambulancia para recibir asistencia médica debido ás súas lesións. No núcleo de Arteixo, un home de 47 anos foi arrestado tras a denuncia de agresión por parte da súa parella, quen solicitou auxilio policial na vía pública.

En materia de seguridade viaria, os controis preventivos permitiron detectar dous casos de uso de permisos de conducir falsos. Un condutor foi detido por presentar dous documentos ilícitos (un foráneo caducado e un español falso) nun control de identificación. En Meicende, un motorista foi interceptado cunha licenza dun país extranxeiro que, tras a revisión pericial, confirmouse como unha falsificación de alta calidade.

Todas as persoas detidas foron entregadas no Posto Principal da Garda Civil de Arteixo para o seguimento dos trámites legais. O corpo policial agradece a colaboración veciñal e subliña o esforzo constante na formación de axentes para a detección de ilícitos como estos.