Se tes 50 anos ou máis e ganas de seguir aprendendo, do 29 de setembro ao 8 de outubro estará aberto o prazo de inscrición para a 4ª edición do Programa de Formación Universitaria para Maiores da UDC en Carballo.
Do 13 de outubro ao 17 de novembro, no Fórum Carballo, haberá nove sesións arredor de temas tan diversos como China, a arte de vangarda, a xestión da auga, o hidróxeno, as enerxías renovables, a saúde, o cambio climático ou a evolución.
As clases serán impartidas por profesorado da Universidade da Coruña e a participación é gratuíta.
Inscricións:
Do 29 de setembro ao 8 de outubro
En liña: universidadesenior.org/carballo/
Ou presencialmente no Concello de Carballo
A Universidade Sénior segue achegando o coñecemento universitario ás persoas maiores de 50 anos de Carballo e da súa contorna.
