Os principais partidos políticos fixeron campaña este domingo en Paiosaco

1 minutes read
  • O voceiro nacional de Economía, Enerxía e Desregulación de VOX, José María Figaredo, atendeu aos medios de comunicación na Coruña antes de visitar os municipios de Cee e Fisterra e reunirse co sector pesqueiro.

Un día moi chuvioso pola mañá cedo e ameazante ate o mediodía nou axudou a que houbese unha gran afluencia de público á feira de Paiosaco este domingo. En todo caso o que había estivo bastante animado cos mellores produtos de proximidade coma de cote.

Estando en campaña para ás xerais do día 29 tamén tiveron presenza baixo carpa os partidos con máis representación a nivel galego no Congreso, PP, PSOE BNG e VOX.

Todos xustificaron a súa presenza e tamén animaron aos presentes para que lles apoien nas vindeiras eleccións xerais. O PP amaiores, pecharía xornada dominical cun mitin no Fórum Carballo ás 20:00 horas.

Diego Calvo (PP) Mercedes Queixas (BNG) Inés Ramos (PSOE) e Manuel Gómez (VOX), estiveron acompañados por un numeroso equipo de compañeiros e compañeiras ao longo de boa parte da mañán deste domingo en Paiosaco. O PP pecharía xornada cun mitin en no Fórun Carballo ás 20:00 horas.

Diego Calvo – PP

Ines Ramos – PSOE

Mercedes Queixas – BNG

Elena Gómez – VOX