O Bloque Nacionalista Galego celebra este luns 16 de novembro, ás 20:00 horas no Mercado Municipal de Carballo, un acto público no marco da campaña electoral das eleccións xerais do 29 de novembro, e centrado na importancia de acadar unha forte representación no Congreso e Senado para facer valer os intereses de Galicia en Madrid.
O encontro contará coas intervencións de Daniel Pérez, alcalde de Carballo; Tatiana Rellán, número 6 na candidatura do BNG ao Congreso pola Coruña; Néstor Rego, número 1 da citada candidatura; e Ana Pontón, portavoz nacional do BNG.