Os bombeiros do Parque Comarcal de Santa Combra foron requiridos na mañá deste domingo, ao redor das 12:15 horas, nun accidente de tráfico entre un coche e unha moto no Castro do Porto, no Concello de Santa Combra. Na súa chegada, atopáronse ao motorista, veciño da capital do Xallas, ferido na calzada e comprobaron as súas constantes vitais, vendo que respiraba aínda con moita dificultade e nun estado moi grave. O operativo púxose en contacto co 112 e co helicóptero para solicitar asistencia médica, pouco despois da súa chegada a vítima, Demetrio Caamaño Tomé de 43 anos, xa falecera. Os bombeiros continuaron o seu traballo coa sinalización e limpeza da calzada. Completaron o operativo a Garda Civil de Tráfico, o 061 de Santa Comba, o SMPC de Santa Comba e o Helicóptero do 061.
141