56
O home estaba coa familia, a muller e dous fillos, na praia. Segundo relata a Garda Civil, decidira darse un baño no canal da ría, pero foi arrastrado polas correntes e non conseguiu volver á praia.
O 112 avanzou que un particular deu a voz de alarma sobre as 16:30 horas deste sábado porque había un corpo aboiando na auga a altura da Ponte do Pedrido, en Moruxo, Concello de Bergondo.
Ao percatarse da situación, os socorristas lanzaronse a auga e rescataron o corpo. Fora da auga intentaron reanimalo pero foilles imposible. Cando chegaron os equipos do 061, alertados por Emerxencias de Galicia 112, só poideron confirmar o seu falecemento.