A urbanización é compartida practicamente na súa totalidade polos concellos de Carral e Cerceda e é limítrofe ao de Culleredo. O deslinde permitirá iniciar a modificación do plan parcial do Castelo, co obxectivo de adaptar a realidade existente á Lei do Solo de Galicia, aproveitando a documentación e o traballo previo que se leva anos desenvolvendo neste ámbito. Tralo último pleno de Culleredo, os tres municipios implicados xa contan con cadansúa comisión de deslinde. Destaca a triple aposta pola integración do Xalo a través dos recentes traballos para expandir os servizos públicos cara á zona, con medidas adoptadas nos últimos anos como extensión da xestión da biomasa ou a extensión de fibra ultrarrápida a través do sistema de iluminación pública. Neste sentido, existe un convenio con Coventina Renovables. Xa conta cun anteproxecto e permitiría dotar de servizo de auga á urbanización, contribuíndo a aliviar a carga económica que suporía este investimento para as persoas propietarias.
0